Torques de Honra

Torques de honra

Torques de Honra 2017

O día 29 de decembro, nun emotivo acto levado a cabo no restaurante Fuchela, fíxose entrega do noso Galardón do Torques de Honra a Manuel Gallego Jorreto, arquitecto carballiñés e unha das máximas figuras da arquitectura contemporánea. Despois das protocolarias palabras de presentación e introdución, o compañeiro Óscar Gonfer fixo unha emotiva e persoal semblanza da figura de Gallego Jorreto dende a perspectiva do antigo alumno xa convertido nun profesional da arquitectura. O galardoado agradeceu a concesión deste premio como un recoñecemento dunha entidade da súa vila de nacemento, engadindo que ten para el un valor moi especial. O acto rematou coa tradicional cea de Nadal dos membros do Centro de Estudios.

LER MÁIS
Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase

Torques de Honra 2015

O Centro de Estudios Chamoso Lamas do Carballiño, fíxo entrega nun acto solemne ó Museo Etnolóxico de Ribadavia do Torques de Honra 2015 co que, cada dous anos, este colectivo trata de recoñecer o traballo de persoas e entidades implicadas na conservación, difusión e recuperación do noso Patimonio. O Centro de Estudios Chamoso Lamas valora neste caso o traballo a prol da defensa, conservación e difusión da nosa cultura levados a cabo ó longo dos perto de 50 anos transcurridos dende a súa fundación. Nestes anos, o museo leva recollida unha importante mostra de pezas procedentes desa Galicia rural que se nos vai, especialmente do mundo do viño e da industria rural, acompañada pola creación dun dos mellores fondos fotográficos e orais do noso país sendo, ó tempo, un elemento activo na difusión social e un importante elemento dinamizador de actividades que acheguen o mundo dos museos ó público en xeral. O acto comezou coa intervención do arquitecto e profesor Manuel Seoane que pronuncio...

LER MÁIS
Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase

Frai Damián Yáñez Neira

As miñas primeiras palabras aquí teñen que ser de agradecemento ao centro de estudios Chamoso Lamas da comarca do Carballiño, que me honra cunha confianza da que espero ser digno. Debo iso a todos e cada un dos Socios, que me reciben nesta entrega do premio "Torques de Honra Chamoso Lamas 2013", pero quero mencionar de forma singular a Xosé Luis Sobrado Pérez que foi o meu mentor neste Centro de Estudos coa xenerosidade intelectual que o caracteriza e cuxa mostra de afecto estimo no que vale; a Frai Luís e a todos os Padres e Hermanos que me deron reiteradas facilidades nos meus primeiros contactos co homenaxeado. Chego pasadas as 16:00 horas e tras unha breve espera, chega en compañía do Padre Superior, que nos deixa a soas. Con algo de traballo e tras estudarme cun golpe de vista, percorre coa mirada o sofá e tresillo da sala, buscando asento. A entrevista ten lugar no cisterciense Mosteiro de Santa María de Oseira, nunha sala de espera abovedada, a escasos metros dun dos tres cla...

LER MÁIS
Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase

Almanaque Agrícola

Prezadas/os amigos e compañeiros: Neste recuncho onde se escoita o silencioso latexo da natureza, coma di o himno: “do teu verdor cinguido”,…..debullando no tempo…..A pesares de non ollalo sol claro polas nubes estes días, empezámolo a imaxinar pola calor que vai entre tanta xenerosidade coa que nos atopamos hoxe, e por iso queremos agasallar a quen o ten ben merecido coa entrega do premio “Torques de Honra Chamoso Lamas”; o noso maior agasallo. Con Chamoso Lamas coma referente, e dende a súa creación e constitución oficial, no ano 1994, o Centro de Estudios Chamoso Lamas desenrola unha intensa actividade científica sobre a Comarca do Carballiño e do Ribeiro dende a multidisciplinariedade (a Historia, Xeografía, Arquitectura, Arte, Climatoloxía, Medio Ambiente, Etnografía, Dereito, Literatura, Educación, Socioloxía, Ciencias Políticas, etc) con especialistas nestas temáticas co fin de investigar, estudar, divulgar, protexer, xerar opinión e especialmente riqueza sobre o noso patrimo...

LER MÁIS
Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase

Olimpio Liste,Josefina Fernández

O día 19 de decembro de 2009 a Casa de Cultura de O Carballiño converteuse en escenario da entrega da II edicón do Torques de Honra do Centro de Estudios Chamoso Lamas, uns premios que o noso colectivo creou o pasado ano e que, nesta segunda edición, recaeu previa deliberación e proposta dos membros da institución na figura de D. Olimpio Liste e da súa dona Dª Josefina Fernández “como recoñecemento do seu labor en favor da recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico durante más de coarenta amos, a través do Museo Olimpio Liste de Oseira”. Un recoñecemento que se entrega no ano no que se conmemora o centenario do nacimiento del ilustre historiador e arqueólogo de Moldes que dá nome ó noso colectivo. Este feito foi un motivo más para que o acto cultural se iniciase cun recordatorio da figura de Chamoso Lamas, nuhna das súas vertentes máis descoñecidas, a fun home moi preocupado non só pola conservación, a promoción e a divulgación do patrimonio nacional sino también a nive...

LER MÁIS
Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase

Manuel Vázquez, Aurelio Miras Portugal, Felipe Senén López

O día 27 de decembro de 2008, nun emotivo acto, a nosa Presidenta Dª Rosa Ricoy Casas, foi a encargada de facer entrega dos tres primeiros galardóns do Torques de Honra instituídos polo Centro de Estudios Chamoso Lamas, e que la directiva acordara conceder de xeito extraordinario nesta súa primeira edición a tres carballiñeses de recoñecido prestixio: o conselleiro de Medio Ambiente, D. Manuel Vázquez, o deputado autonómico, D. Aurelio Miras Portugal e ó arqueólogo, museólogo e técnio cultural da Deputación da Coruña D. Felipe Senén López Gómez, lembrando que haberá un só beneficiado por ano, pero que nesta primeira ocasión era de xustiza recoñecer os moitos anos de constante axuda e apoio dos tres elexidos que teñen colaborado co noso colectivo ó longo da súa historia “de xeito moi destacado, e aínda o seguen facendo incluso de xeito persoal” aparte de se as súas responsabilidades estean ou non vinculadas co eido patrimonial en concreto.

LER MÁIS
Galería

Para ver a galería de fotos so temos que premer en cada foto e esta ampliarase